Seccións

Baixo o lema «Recalculando ruta», Santiago de Compostela acollerá as XXX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG
XXX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde

Do 6 ao 8 de novembro de 2025, celebraranse en Santiago de Compostela as XXX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) baixo o título “Recalculando ruta”. Estas xornadas, que conmemoran os trinta anos desde a primeira edición, pretenden facer un balance da evolución do campo da psicoloxía clínica, analizando tanto os cambios nas súas abordaxes e técnicas como na súa organización, e promovendo unha reflexión conxunta sobre os retos e o futuro da profesión.

Os profesionais da psicoloxía debaterán sobre o impacto dos cambios sociais, as novas modalidades de intervención, e a irrupción da intelixencia artificial, cuestións que están transformando o exercicio da psicoloxía clínica. Ademais, abordarase a necesidade de crear servizos de Psicoloxía Clínica dentro do Sistema Nacional de Saúde, así como a importancia de establecer a especialidade de Psicoloxía Infanto-Xuvenil como unha especialidade vía PIR, cun corpus teórico-práctico e entidade propia.

As xornadas tamén ofrecerán un espazo de reflexión crítica sobre o papel do diagnóstico e o sobrediagnóstico, analizando as súas implicacións sociais e éticas, e poñendo o foco nas dificultades que afrontan os profesionais no acompañamento de persoas con enfermidades crónicas e/ou terminais.

O encontro contará con diferentes relatorios, mesas de debate e espazos de intercambio profesional, e nas que se promove a participación activa mediante a presentación de traballos científicos en formato póster ou comunicación oral.

Programa

XXX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde
XXX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde