O 28 de marzo celebrouse na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en Santiago de Compostela a sesión ordinaria da Asemblea Xeral de colexiados e colexiadas do COPG.
Nela aprobáronse a conta de resultados e o balance de situación a 31 de decembro de 2022, así como a memoria de actividades do Colexio en 2022. Así mesmo, presentáronse informacións da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Asemblea Xeral de colexiados e colexiadas