Grupos

«As situacións críticas son as únicas experiencias polas que pasa un ser humano que poden cambiarlle de forma radical»
José Navarro Góngora

O Grupo de Psicoloxía en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o 27 de maio o curso “Emerxencias e trauma. Fórmulas de intervención”. Impartido por José Navarro Góngora, profesor da Facultade de Psicoloxía de Salamanca e da Universidade de Jyväskyla (Finlandia), esta formación pretende identificar as variables máis habituais que inflúen na resposta a unha situación de crise e que orixinan o  trauma, así como identificar as estratexias de intervención e recoñecer a importancia do coidado dos e das profesionais que interveñen en situacións de crise.

 

1.En que consiste as sesión formativa que vai impartir? Que vai contribuír aos psicólogos e psicólogas no seu exercicio profesional?

A través da realización de rolle-playing, observación de casos en directo e prácticas de desenvolvemento persoal, abarcaranse distintos contidos da crise e o trauma; intervención no momento do impacto, fase de procesamento e conclusións; o tratamento da disociación e o coidado dos profesionais intervinientes en todo o transcurso da crise.

O que se pretende é que o alumnado poida identificar as respostas máis típicas nunha situación de crise e coñecer os tipos de intervención tanto nos momentos de emerxencia como nas fases máis avanzadas.

 

2.Desde a súa traxectoria profesional, en que situación se atopa este ámbito de actuación da psicoloxía das emerxencias?

A psicoloxía das emerxencias é un tema que non aparece nos programas de grao de Psicoloxía, aparece de forma moi testimonial no Máster de Psicoloxía Xeral Sanitaria, tamén é testimonial os títulos propios que sobre psicoloxía de emerxencias existen en España. Resumindo, quen queira especializarse no tema o terá difícil. Desde o punto de vista profesional, todas as autonomías teñen equipos de psicoloxía de emerxencias cuxa participación é voluntaria, só nalgúns casos se abonou aos e ás profesionais. Por algunha razón entendese que este traballo é altruísta.

 

3.Por que recomendaría continuar formándose nesta materia?

As situacións críticas son as únicas experiencias polas que pasa un ser humano que poden cambiarlle de forma radical. As posibilidades de desenvolver patoloxías mentais, sobre todo cando hai unha reiteración de situacións críticas, son considerables, e estimase que o 6,8% da poboación adulta (3,6% de homes e 9,7% de mulleres) está a sufrir de estrés post-traumático.

 

4.Cales son os principais retos e oportunidades para continuar mellorando?

Requírese un plan de formación competente, tipo máster cuxos contidos sexan definidos polas asociacións profesionais de psicoloxía de emerxencias e necesitase que a psicoloxía de emerxencias sexa considerada unha profesión remunerada. As asociacións profesionais das comunidades autónomas deberían poñerse de acordo na promoción de ambas medidas.

Spread the love
José Navarro Góngora
José Navarro Góngora