Información Xeral

As accións e a pandemia protagonizan as primeiras sesións de «FALAMOS” en 2022

«Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG», conta cun espazo propio na web no que xa están compartidos os vídeos dos webinars celebrados no que vai de ano: falamos.copgalicia.gal

Este ciclo é un espazo para compartir aprendizaxes e experiencias entre os colexiados e colexiadas, un punto de encontro para a profesión. Mediante esta iniciativa da Vogalía de Formación, estase a organizar un webinar con carácter mensual no que se poderán presentar programas, estudos, investigacións, publicacións, casos clínicos, comunicacións…

A intención é dar máis visibilidade ao traballo que realizades tantas persoas colexiadas e que o Colexio sirva como plataforma para impulsar e amplificar o voso labor.

Falamos

 

Animámoste a que presentes algunha proposta neste foro que está a ter lugar o primeiro xoves de cada mes ás 20:00h.

No que vai de ano celebraronse tres webinars cos seguintes temas:

  • O 13 de xaneiro presentouse o libro “Como superar unha adicción en cinco etapas”, presentado por Máximo Portela Freire, psicólogo especialista en psicoloxía clínica, máster en drogodependencias e desde 2001 dirixe a Unidade de Drogodependencias en Cangas (Pontevedra).
  • O 3 de febreiro foi a quenda da presentación “Achegas do COPG para a intervención psicolóxica en educación fronte as emerxencias e a COVID-19”, presentada por Olegaria Mosqueda Bueno, psicóloga educativa e membro da Comisión Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPE) do COPG.
  • O 3 de marzo presentouse o Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Quienes somos, de dónde venimos, a dónde vamos”. Este grupo de traballo actúa en representación do conxunto de persoas que sosteñen o papel central da Psicoloxía nun modelo de atención integral, biopsicosocial e comunitario que dá respostas asistenciais eficaces ás múltiples dimensión do problema das adiccións. Interviron María Carou López, psicóloga clínica, directora da UMAD Santiago de Compostela e coordinadora do Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos da Sección de sicoloxía e Saúde do COPG; e Gerardo Sabio Fernández, psicólogo clínico, maxister en drogodependencias e director de Asfedro Asociación Ferrolana de Drogodependencias.
Spread the love
Falamos