O Grupo de Traballo Intersectorial de Atención Temperá, constituído en xaneiro de 2026, iniciou a súa actividade co obxectivo de reforzar e visibilizar o papel dos psicólogos e psicólogas neste ámbito, así como de avanzar na unificación de criterios de intervención na etapa de 0 a 6 anos.
Entre as súas liñas de traballo destacan a definición do perfil formativo e dos requisitos mínimos para exercer na atención temperá, o impulso de modelos de intervención en contornas naturais e o fortalecemento da presenza da psicoloxía nos equipos desde unha perspectiva biopsicosocial.
O grupo tamén traballará na elaboración de guías clínicas e protocolos baseados na evidencia, no desenvolvemento de indicadores estandarizados para o desenvolvemento infantil e no asesoramento ao COPG en políticas e estratexias relacionadas coa atención temperá. Ademais, abordará funcións clave da psicoloxía neste ámbito como a prevención, a detección e avaliación, a intervención directa, o apoio ás familias e o traballo intersectorial.
