Seccións

Anuario de Psicoloxía e Saúde
Portada do Anuario de Psicoloxía e Saúde Nº 15 "O corpo"

Abrese o prazo para presentar propostas de traballos de xeito aberto para a súa publicación no Anuario de Psicoloxía e Saúde da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG en formato de “Artigos Casos Clínicos” ou de “Artigos Libres”. Estes apartados están abertos á participación de todos os colexiados e colexiadas do COPG.

Normas de publicación dos artigos casos clínicos:
Incluiranse descricións dun ou máis casos clínicos que supoñan unha achega ao coñecemento da psicopatoloxía ou da intervención psicoterapéutica.

A extensión máxima do texto será de 6 páxinas, letra Times New Roman, tamaño 12, interlineado sinxelo.

A estrutura do Artigo Caso Clínico deberá ser a seguinte:
Título.
Nome e apelidos dos autores/autoras, centro de traballo e un e-mail de contacto.
Resumo (150 palabras): en galego ou español, e en inglés.
Palabras chave: entre 3 e 5, en galego ou español, e en inglés.
Introdución.
Datos sociodemográficos.
Motivo de consulta.
Obxectivos
Intervención.
Conclusións.
Referencias bibliográficas: segundo a normativa da APA, cun mínimo de 5.

Normas de publicación dos artigos libres:
Incluiranse traballos orixinais nos que se describan traballos de investigación ou revisións teóricas de temáticas psicolóxicas, desde un punto de vista clínico ou asistencial.

A extensión máxima do texto será de 17 páxinas, letra Times New Roman, tamaño 12, interlineado sinxelo.

A estrutura do artigo Libre deberá ser a seguinte:
Título.
Nome e apelidos dos autores/autoras, centro de traballo e un e-mail de contacto.
Resumo (150 palabras): en galego ou español, e en inglés.
Palabras chave: entre 3 e 5, en galego ou español, e en inglés.
Introdución.
Conclusións.
Referencias bibliográficas: segundo a normativa da APA, cun mínimo de 5
O prazo para o envío de traballos remata o 8 de setembro, e estes deben ser enviados ao enderezo de correo electrónico anuario@copgalicia.gal. Despois desa data pasarán a ser valorados para a súa incorporación ao Anuario polo Consello de Redacción, que seleccionará ata un total de 4 de entre todos traballos recibidos. Confirmarase ao autor ou autora a súa aceptación ou non e se debe facerse algunha modificación na redacción ao longo do mes de setembro.

Spread the love
Portada do Anuario de Psicoloxía e Saúde Nº 15 "O corpo"
Portada do Anuario de Psicoloxía e Saúde Nº 15 "O corpo"