Información Xeral

Actualiza a titulación sanitaria no teu expediente colexial

Lembramos ás persoas colexiadas que o Colexio mantén un rexistro de profesionais sanitarias/os. Por este motivo, aquelas persoas que obtivesen unha titulación sanitaria con posterioridade á súa colexiación teñen a obriga de remitila ao Colexio para a súa incorporación ao expediente.

Se aínda non o fixeches, solicitamos que se nos comunique calquera das seguintes titulacións ou habilitacións:

  • Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria.

  • Especialidade en Psicoloxía Clínica.

  • Habilitación para o exercicio de actividades sanitarias.

Estes datos son comunicados periodicamente a organismos oficiais, como o Ministerio de Sanidade para o Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios (REPS) ou o Instituto Nacional de Estatística (INE). Por este motivo, é fundamental que a titulación sanitaria figure actualizada no expediente colexial. Contacta coa administración do COPG se tes algunha dúbida.