Comisións

Actividades da Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte

O 28 de febreiro, a coordinadora da Comisión Intersectorial de Deporte, Mª del Carmen González Hermo, tivo unha reunión de seguimento do programa de servizo de atención psicolóxica a deportistas DGAN (Deportistas Galegos/as de Alto Nivel) coa Oficina do Deportista da Xunta de Galicia para facer seguimento e ver as oportunidades de mellora no funcionamento deste servizo.

Por outra banda, o 13 de marzo tivo lugar a «Xornada de Cohesión e Deporte», no que a coordinadora da Comisión, participou cunha xornada informativa co Crocha Balompé. Estas xornadas tiveron lugar na Poboa do Caramiñal. Nas mesmas, tratouse o bo trato na práctica deportiva, o risco de bullying e os valores que guían o deporte neste club.

 

Spread the love