En colaboración coa Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou unha actividade informativa sobre as saídas profesionais para o alumnado de Grao de Psicoloxía, que tivo lugar o 22 de setembro. Para mellorar a información que recibe o alumnado, incluíuse un relatorio antes do inicio do ciclo sobre as ramas profesionais da Psicoloxía, en función das Seccións nas que se organiza o Colexio. Deste modo, o alumnado terá unha visión xeral da profesión antes, e a finalidade era tamén dar visibilidade ao COPG e ao seu labor. Nesta charla informativa participou o vicedecano, Hipólito Puente Carracedo, e as seguintes persoas presidentas das Xuntas Directivas das Seccións Profesionais do Colexio:

Mª Dolores Seijo Martínez, María Pilar Canosa Raña, Carlos Montes Piñeiro, Xacobe Abel Fernández García e Florentina Rivadulla Taboada.
Sección de Psicoloxía e Saúde: Xacobe Abel Fernández García.
Sección de Psicoloxía Educativa: Florentina Rivadulla Taboada.
Sección de Psicoloxía da Intervención Social: María Pilar Canosa Raña.
Sección de Psicoloxía do Traballo e da Organizacións: Carlos Montes Piñeiro.
Sección de Psicoloxía Xurídica: Mª Dolores Seijo Martínez.