Comisións

Activación do servizo de atención psicolóxica a deportistas DGAN

Na semana do 15 de xaneiro de 2024 comezou a funcionar o servizo de atención psicolóxica a deportistas DGAN (Deportistas Galegos/as de Alto Nivel), que levarán a cabo aqueles psicólogos e psicólogas colexiados do COPG que acrediten as competencias necesarias, como resultado do contrato asinado coa Fundación Deporte Galego.

As listaxes para formar parte da rede de profesionais que dean atención psicolóxica aos e ás deportistas segue aberta. As persoas interesadas poden consultar máis información en Contrato entre a Fundación Deporte Galego o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a prestación de servizos de psicoloxía aos deportistas DGAN.

 

Spread the love