Comisións

A participación do COPG no IV Congreso Internacional sobre Fútbol, Innovación e Psicoloxía puxo o foco na inclusión, a diversidade e o alto rendemento
IV Congreso internacional sobre Fútbol, Innovación e Psicoloxía

A Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu os días 9, 10 e 11 de xullo de 2025 o IV Congreso Internacional sobre Fútbol, Innovación e Psicoloxía, organizado pola USC e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, coa colaboración de numerosas entidades deportivas e académicas.

 

 

Mª del Carmen González Hermo

Mª del Carmen González Hermo

Neste encontro participou activamente o COPG a través da súa vicesecretaria e coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte, Mª del Carmen González Hermo, que interveu na mesa “Máis que Deporte: Educación, Inclusión e Alto Rendemento desde a Psicoloxía, un simposio promovido pola Asociación Galega de Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte”, onde presentou «Recuperación da actividade física a través da natación en augas abertas en persoas con dano cerebral adquirido». Ademais, coordinou a mesa “Poboacións especiais: persoas con diversidade intelectual, persoas maiores, contextos de alta vulnerabilidade, e afeccionados”, na que tamén realizou a presentación «Adestramento de persoas con diversidade intelectual para carreiras populares».

 

 

 

 

Jacobo Ceide Franqueira e Santiago López Roel

Jacobo Ceide Franqueira e Santiago López Roel

 

Tamén participaron no congreso os membros da Comisión de Psicoloxía do Deporte do COPG, Jacobo Ceide Franqueira e Santiago López Roel, impartindo o taller «Xestión de equipos de alto rendemento en fútbol», centrado na aplicación da psicoloxía ao traballo con equipos deportivos de elite.

 

 

 

 

 

 

O evento, que reuniu a profesionais do deporte, da psicoloxía e da educación, tivo como obxectivo principal impulsar a innovación e a promoción de valores sociais e deportivos como o respecto, a empatía e a solidariedade.

 

 

 

IV Congreso internacional sobre Fútbol, Innovación e Psicoloxía