Seccións

A organización Secretariado Gitano convidou ao COPG á presentación do documental PENDARIPEN: A historia silenciada do pobo xitano

A organización Secretariado Gitano convidou ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia á presentación do documental PENDARIPEN: A historia silenciada do pobo xitano. A proxección tivo lugar o día 21 de maio de 2026, ás 18:00 h, na filmoteca de Galicia, en A Coruña.

O filme amosa un retrato do pobo xitano, pero desde unha historiografía reinterpretada por voces xitanas. Son esas voces as que narran a súa propia historia coma protagonistas da mesma, e para comprender o relato é necesario un diálogo intercultural que facilite o achegamento e o entendemento entre as persoas.

En representación do Colexio, asistiu Pilar Canosa, coordinadora do Grupo de Traballo de Interculturalidade da Sección de Intervención Social, acompañada na foto por Chenoa Suárez, profesora e educadora social en Secretariado Gitano.

 

Presentación do documental PENDARIPEN