Seccións

A Interculturalidade e a promoción da Saúde Mental na comunidade xitana. Da tradición á transformación, un camiño compartido
Faladoiro Grupo de Traballo de Interculturalidade

O día 27 de novembro celebrouse un novo faladoiro organizado polo Grupo de Interculturalidade da Sección de Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Tivemos a sorte de contar coa compañeira do COPG, Claudia Fernández Fernández, e, desde Fundación Secretariado Xitano, acompañáronnos Nerea Borja, técnica de saúde, e Micaela Montoya, muller xitana empoderada. Con elas tres percorremos as desigualdades estruturais que afectan á poboación xitana, a invisibilidade da Saúde Mental na comunidade, e a presión existente sobre a adolescencia xitana.

Como mediadora cultural, Nerea destacou a importancia da autoconsciencia cultural, a formación intercultural nos equipos, o enfoque familiar e a flexibilidade metodolóxica con deseño de materiais adaptados.

O relato de Micaela, muller divorciada nai de dous fillos, traballadora e estudante, falounos do Empoderamento como proceso colectivo que debe incidir en todos os ámbitos da vida, promovendo así a aparición de modelos referentes para futuras xeracións.

Claudia desvelounos estratexias a seguir para facilitar unha abordaxe intercultural. Lembrounos que » Achegar a saúde mental é un acto de xustiza social».

Quedamos con ganas de máis, pero máis faladoiros haberá.

«Atender cun enfoque cultural non significa facer excepcións, senón incluír a diversidade como parte natural dunha atención de calidade»  

Faladoiro Grupo de Traballo de Interculturalidade
Faladoiro do Grupo de Traballo de Interculturalidade