Seccións

A integración da perspectiva de xénero no ámbito laboral
A perspectiva de xénero na Prevención de Riscos Laborais

O pasado 29 de marzo celebrouse en Lugo o taller «A perspectiva de xénero na Prevención de Riscos Laborais», organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para afondar sobre a integración da perspectiva de xénero na saúde laboral e no Plan de Prevención de Riscos Laborais. En representación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) asistiu Carlos Montes Piñeiro (G-03367), presidente da Sección de PTO.

O programa formativo organizouse en torno a tres seccións diferenciadas. Na primeira, Miryam Garabito Cociña, Xefa de sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas do Centro ISSGA Lugo da Xunta de Galicia, falou sobre a necesaria introdución da perspectiva de xénero na saúde laboral. Na segunda parte, Manuel Velázquez Fernández, Inspector de Traballo e Seguridade Social do Ministerio de Traballo e Economía Social, centrou a súa intervención nos riscos psicosociais, o acoso discriminatorio por razón de sexo e o acoso sexual. Finalmente, celebrouse unha mesa redonda con experiencias concretas de empresas do sector da alimentación, na que participaron representantes de Europastry, Pescados Rubén e Cafés Candelas.

Esta iniciativa forma parte do conxunto de accións desenvolvidas pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para fomentar, sensibilizar e formar á sociedade na igualdade laboral efectiva entre homes e mulleres.

Máis información en: https://aigualdadelaboral.gal

Spread the love
A perspectiva de xénero na Prevención de Riscos Laborais
A perspectiva de xénero na Prevención de Riscos Laborais