Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Santiago de Compostela celebrou o 6 de marzo a Gala Mulleres de Compostela, na que se homenaxea a varias mulleres e colectivos que forman parte da historia viva da cidade de Santiago de Compostela e na que se distinguen polo seu labor a prol da igualdade.
Entre as galardoadas atópase Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a cal citou a Rosa Luxemburgo apelando a «un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres».
A entrega do galardón fíxose no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.