Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión trasladou o seu informe do semestre á Consellería de Sanidade
Comisión para a Defensa da Profesión

Desde a Comisión para a Defensa da Profesión do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia demos traslado dos casos máis graves e que se consideran compentencia da Subdirección Xeral de Inspección, Adutoría e Acreditación de Servizos Sanitarios da Xunta de Galicia.

Preténdese unha maior implicación da Administración Pública Sanitaria na defensa da profesión da Psicoloxía fronte ao intrusismo e as pseudoterapias e outras variantes enganosas para a poboación.

Neste senso, a Comisión para a Defensa da Profesión quere compartir con vós a sentenza dun caso de intrusismo en Castela e León. Podedes ler do asunto nos seguintes enlace:

Por outra banda, agradécense as achegas e suxestións feitas por parte das distintas Seccións do COPG en relación ao buscador de colexiados e colexiadas. Confiamos que se poña a funcionar o máis axina posible.

Lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na Psicoloxía podes comunicalo ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, aportando todos os datos posibles, para iniciar o estudo correspondente.

Spread the love
Comisión para a Defensa da Profesión
Comisión para a Defensa da Profesión