Preténdese crear un directorio de profesionais da psicoloxía máis cómodo e accesible á cidadanía.
O buscador de psicólogos e psicólogas na páxina web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia quere ser unha ferramenta para facilitar á poboación o acceso ás colexiadas e colexiados que máis se acheguen as súas necesidades, intereses ou preferencias. Esta é unha tarefa complexa, dada a diversidade de especialidades e ámbitos de intervención nos que se traballa.
Namentres, faise un chamamento a todos os colexiados e colexiadas para que poñan en valor as ténicas e terapias baseadas na evidencia e validadas científicamente, como mellor xeito de diferenciarse do intrusismo existente.
Nesta mesma liña, anímase a dar visibilidade ao carné colexial cara ás persoas clientes e cara ás institucións.
Lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia , aportando todos os datos posibles, para iniciar o estudo correspondente.