Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión segue a recibir novos casos de intrusismo profesional. Lembra a colexiadas e colexiados facer visible o seu carné colexial.
Carné de colexiado/a

Na súa reunión do 30 de marzo, a Comisión coñeceu da campaña publicitaria que está a piques de presentar o Consejo General de Psicología a nivel do Estado para a promoción da profesión. É por ilo que a Comisión decidiu frear as accións xa iniciadas co mesmo fin, en espera do impacto da susodita campaña.

Por outra banda, pecháronse tres casos de intrusismo, manténdose sete en tramitación, e mentres seguen a entrar novos expedientes.

Neste senso, acordouse achegar ao Servizo de Inspección Sanitaria da Xunta de Galicia aqueles casos que trascenden o ámbito da Psicoloxía. Isto é, presuntos profesionais doutros ámbitos que ofertan tratamentos psicolóxicos ou doutras áreas da saúde. Enténdese que é un xeito de poñer de manifesto o enorme baleiro legal que existe e que está a propiciar un sinfín de iniciativas pseudoterapéuticas sen valor científico e que confunden á cidadanía.

Dende a Comisión faise fincapé en dar visibilidade ao carné colexial cara ás persoas clientes e cara ás institucións, como distintivo de profesionalidade, fronte ao intrusismo existente.

Nesta liña de por en valor á profesión, segue adiante a proposta de emitir un carné de colexiación dixital, pendente do estudo técnico de viabilidade.

Lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunícalo ao COPG, aportando todos os datos posibles, para iniciar o estudo correspondente.

Spread the love
Carné de colexiado/a
Carné de colexiado/a