Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión retoma o traballo en setembro con enerxias renovadas e varias cuestións pendentes

Durante o período estival, seguíronse recibíndose na secretaría do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia posibles casos de intrusismo profesional e dos que se están a realizar o estudo correspondente desde a Comisión.

Entre esas cuestións destaca materializar o novo directorio de Psicólogos e Psicólogas da páxina web do COPG. Para elo a Comisión contra con que vaian chegando as propostas das distintas Seccións colexiais. Lembrade que o obxectivo é que este buscador sexa unha ferramenta a empregar por toda a cidadanía, accesible e cómoda.

Asemade, búscarase unha maior implicación da Administración Pública sanitaria para a defensa da profesión da psicoloxía fronte ao intrusismo de persoas ou colectivos que ofertan servizos sanitarios sen a titulación académica axeitada. Isto supón un risco real cara á saúde da cidadanía e concérnenos a todos e todas.

Por iso mesmo, seguiremos a insistir na importancia de basear o desempeño laboral na ciencia e na evidencia, dando pulo ao número de colexiación como manifestación dunha actividade profesional de calidade.

Lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles, para iniciar o estudo correspondente.

Spread the love