Ao longo do ano 2021 recibíronse na Secretaría do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia un total de 16 novas queixas que foron abordadas pola Comisión para a Defensa da Profesión do COPG.
O expedientes tratados ao longo do ano 2021 pódense agrupar pola súa natureza do seguinte xeito:
- Profesionais doutros ámbitos que anuncian ou ofertan intervención ou tratamentos presuntamente psicolóxicos (8 casos).
- Formación conflitiva por colidir ou invadir competencias do/a profesional da psicoloxía (4 casos).
- Persoa que se anuncia como psicólogo/a sen posuír a titulación requirida (2 casos).
- Outros (2 casos).
O tipo de xestión máis frecuente levada a cabo pola Comisión en relación aos expedientes mencionados son as dilixencias informativas referidas ás normas legais e colexiais vixentes sobre publicidade sanitaria, colexiación e intrusismo ante profesionais ou institucións públicas e privadas, denunciadas. Nestas dilixencias requíreselle que eliminen, corrixan ou emenden as irregularidades ou vulneracións que poidan terse producido e que foran o orixe da queixa. Así mesmo, emprega argumentos ou consideracións razoadas que a Comisión considera pertinentes na súa defensa da profesión cunha orientación pedagóxica.
Tamén traslada as queixas a outros Colexios de Psicoloxía do estado ou ao Consejo General de la Psicología, ou a organizacións doutros países, segundo proceda. Por último, denuncia ante á
administración galega aquelas queixas cuxos implicados amosen falta de colaboración coa Comisión e un potencial prexuízo grave ou reiterado.
Se consideras que se está a cometer intrusión profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG para que inicie as pesquisas oportunas.