Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión pide a colaboración das Seccións do COPG para mellorar o buscardor de profesionais do Colexio.

Desde a Comisión para a Defensa da Profesión solicitouse a colaboración das distintas Seccións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a mellora do buscador de profesionais da psicoloxía do COPG.

O buscardor de psicólogos e psicólogas quere ser unha ferramenta para facilitarlle á poboación o acceso aos e ás colexiadas, e que toda a comunidade colexial se sinta representada. Con este fin, consideramos todas as propostas que nos fagades chegar desde as distintas Seccións.

Por outra banda, insistimos na importancia de basear o desempeño laboral na ciencia e na evidencia, xa que é moita a nosa responsabilidade cara á saúde comunitaria. Como profesionais, temos unha grande capacidade de influencia cara ás persoas coas que traballamos.

Polo mesmo, desexámosvos tamén un período estival repoñedor e enerxizante, sabedores da importancia dos descansos e do autocoidado para manter unha actividade laboral plena e saudable ao longo de todo o ano.

Lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles, para iniciar o estudo correspondente.

Spread the love