Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión lembra a importancia de informar debidamente da actividade que ofrecemos

Ante a crecente demanda de atención psicolóxica, interesa distinguirse doutros profesionais con formación non habilitada.

A gran visibilización que se está a dar á saúde mental ven emparellada a unha inmensa oferta de servizos supostamente terapéuticos sen o suficiente respaldo científico, cunha publicidade moi chamativa e con frecuencia enganosa. É preciso distinguirnos do intrusismo existente e facilitarlle á cidadanía a elección do profesional máis axeitado para a súa demanda.

Neste senso suxerimos o emprego dunha publicidade clara e honesta na que se saliente o número de colexiación, como respaldo á defensa da Psicoloxía como profesión necesaria na sociedade.

Cada profesional ten a responsabilidade de ofrecer un traballo rigoroso dentro dos límites do coñecemento científico vixente (arts. 6 e 18 do Código Deontolóxico) e poder así velar pola saúde psicolóxica da poboación.

Lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles, para iniciar o estudo correspondente. O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.

Spread the love