Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión lanza «Fronte ao intrusismo, a túa titulación é o mellor distintivo»

A Comisión para a Defensa da Profesión divulgou a campaña «Fronte ao intrusismo, a túa titulación é o mellor distintivo», coa que pretende poñer en valor a psicoloxía, como ciencia e profesión, fronte a outros servizos supostamente terapéuticos, dirixidos ao benestar e a saúde mental das persoas.

Para iso, a Comisión insiste na importancia de visibilizar a colexiación como garantía ante a sociedade, explicitándoo como identificación profesional fronte a termos que poden xerar confusión e incluíndoo nos nosos documentos profesionais (informes, etc.).

Así mesmo, informan de que están a elaborar unha campaña informativa dirixida á cidadanía neste sentido, coa intención de impulsar a Psicoloxía como a opción máis axeitada, segura e eficaz para o tratamento da saúde mental.

A campaña está dispoñible nas redes sociais do COPG: Facebook, X, Instagram, LinkedIn, Bluesky e Whatsapp.