Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión iniciou dezanove expedientes ao longo do 2022
STOP Intrusismo

A Comisón para a Defensa da Profesión do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia anovou o pasado verán as súa composición, retomando así o seu traballo tanto de atención a posibles casos de intrusismo profesional como de actividade en denfesa da profesión.

Durante o 2022 a Comisión para a Defensa da Profesión iniciou dezanove expedientes por posible intrusismo ou polo exercicio da psicoloxía sen a necesaria colexiación. A maioría foron identificados a través de comunicacións achegadas por persoas colexiadas e outros foron identificados pola propia organización colexial. Ao longo do ano deuse trámite e finalización a vinte expedientes, dez deles iniciados en exercicios anteriores.

A Comisión está a traballar no deseño de accións dirixidas á promoción da profesión, dirixidas tanto á poboación en xeral como ao propio colectivo dos colexiados e colexiadas.

Lembra que se consideras que se está a cometer intrusión profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG para que inicie as pesquisas oportunas.

Spread the love
STOP Intrusismo