Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión inicia o novo ano tramitando novos expedientes

Seguen chegando casos de posible intrusismo profesional.

Unha cuestión que se repite nestes casos é a publicidade pouco clara, que induce á confusión da xente e, por outra banda, a exposición de supostas liñas de terapia sen ningún tipo de validez científica. É por este motivo que, desde a Comisión, seguimos a insistir na importancia de basear o noso desempeño laboral na ciencia e na evidencia.

Outra liña de traballo para este 2024 é a de materializar a posta en marcha de iniciativas para a difusión da práctica da Psicoloxía e que o directorio de profesionais da web do COP sexa plenamente funcional.

Lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunícalo ao COPG, aportando todos os datos posibles, para iniciar o estudo correspondente.

Spread the love