E lembra que a falta de regulación do término “Psicoterapia” pode inducir a confusión na poboación.
Esa falta de regulación complica tamén a acreditación de intrusismo en casos susceptibles de selo, como acontece nalgunha sentencia recente: https://confilegal.com/20240703-trabajar-como-psicoanalista-y-psicoterapeuta-no-es-intrusismo-laboral-pese-a-no-tener-la-carrera-de-psicologia/. Séguese a insistir nunha maior implicación da Administración pública sanitaria neste senso.
E mentres, como ven sendo habitual neste espazo, A Comisión convida a toda a comunidade colexial a colaborar activamente. Porque cada profesional é importante.
Cada un/ha de nós defendemos a Psicoloxía:
- Cando cumprimos o Código Deontolóxico, garantindo unhas intervencións rigorosas e baseadas no método científico e nos afastamos de “terapias” alternativas sen contrastar.
- Cando facilitamos ás persoas clientes unha información clara e sinxela sobre a nosa titulación, o noso número de colexiación e calquera outra comunicación referida á demanda que nos fan.
Lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles, para iniciar o estudo correspondente. O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.