Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión celebra a posta en marcha da campaña «A túa saúde mental non é un xogo»

É un xeito de loitar contra o intrusismo en Psicoloxía, dando a valer a colexiación como garante de profesionalidade.

Coa colaboración de todas e todos nós, esta campaña pode chegar a unha boa parte da cidadanía. Ademais, nos vindeiros meses, prevese facer difusión da mesma en distintos organismos e institucións públicas, sociais e sanitarias de Galicia.

Por outra banda, dende la CDP impulsouse unha breve enquisa coa que se quere facer unha aproximación de ata que punto se coñecen prácticas vencelladas ao intrusismo profesional. Estará dispoñible de xeito permanente e podes acceder a ela aquí: Detección de prácticas de intrusismo en psicoloxía.

Somos conscientes de que esta enquisa é unha impresión subxectiva. Non pretende establecer conclusións definitivas, senón salientar, se é o caso, unha tendencia que merece ser analizada. Considérase de interese comprender as implicacións que a proliferación das  pseudoterapias teñen para a práctica profesional e para a saúde da cidadanía.

Se compartes esta inquedanza invitámoste a participar, ao igual que xa o fixeron algúns compañeiros e compañeiras. Grazas pola vosa pronta resposta!

Mentres, seguimos a recibir casos de posible intrusismo na Comisión.

Se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles para o estudo correspondente.  O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.