Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión avoga por unha práctica da psicoloxía baseada na ciencia
Comisión para a Defensa da Profesión e Prevención do Intrusismo do COPG

Para diferenciarse de pseudoterapias e «terapeutas» sen titulación acreditada.

Desde a Comisión para a Defensa da Profesión e prevención do intrusismo estase a solicitar da Administración Pública sanitaria a súa implicación para facer fronte á multitude de persoas que, amparadas no termo de «terapeutas» ofrecen servizos sanitarios sen titulación académica axeitada. Este tipo de ofertas proliferan ante a demanda crecente da sociedade de servizos para o benestar psicolóxico, e supón un risco real para a saúde das persoas.

Namentres, faise un chamamento a todos os colexiados e colexiadas para que se traballe con técnicas e terapias baseadas na evidencia e validadas científicamente, como mellor xeito de por en valor a nosa profesión e diferenciarse do intrusismo existente.

Nesa mesma liña, anímase a dar visibilidade ao carné colexial cara ás persoas clientes e cara ás institucións.

Lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, aportando todos os datos posibles, para iniciar o estudo correspondente.

Spread the love
Comisión para a Defensa da Profesión e Prevención do Intrusismo do COPG
Comisión para a Defensa da Profesión e Prevención do Intrusismo do COPG