Comisións

A Comisión de Ética e Deontoloxía celebra a 2ª Edición do Curso «Aspectos Ético-Deontolóxicos no traballo con menores e a súas familias»
Momento do Curso

A Comisión de Ética e Deontoloxía do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o venres 28 e sábado 29 de abril a 2ª Edición do Curso “Aspectos Éticos-Deontolóxicos no traballo con menores e as súas familias” na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Unha das áreas da psicoloxía que máis dilemas éticos e dificultades deontolóxicas xera é a que se refire á atención de menores e as súas familias. Aspectos tales como: que poido contar aos pais do que o neno me contou a min, que consentimento parental debo recoller cando os pais están divorciados e como facelo, que facer se un dos pais non consinte que o seu fillo acuda ao psicólogo, como manexar as diferencias entre unha abordaxe clínica e un pericial, e o tipo de informes en función de ditas abordaxes, son algunhas das dificultades ás que se enfrontan os profesionais da psicoloxía neste campo; polo que dilucidar estas cuestións, entre outras, son os obxectivos desta actividade.

A formación contou coa intervención de Irene Martínez Montero, psicóloga especialista en psicoloxía clínica no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; Marta Rivas Rodríguez, psicóloga forense no Instituto de Medicina Legal (IMELGA) en Lugo; e Cecilia Barros Díaz, avogada e asesora xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

A través de explicacións teóricas mediante presentación de diapositivas e discusión e resolución de casos prácticos e dinámica grupal, o obxectivo principal do curso foi proporcionar dos coñecementos dos aspectos ético-deontolóxicos que se presentan no traballo con menores e as súas familias.

 

Spread the love
Momento do Curso
Momento do curso