Destacado

Canle de WhatsApp do COPG
A canle de WhatsApp do COPG alcanza os 500 membros

A canle de WhatsApp do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia continúa medrando e acaba de superar os 500 membros, un fito que reflicte a confianza da comunidade neste novo espazo de comunicación directa.

Desde o seu lanzamento, a canle consolidouse como unha vía áxil e inmediata para achegar ás colexiadas e colexiados, así como ás persoas interesadas na psicoloxía, toda a información de interese relacionada coa actividade do Colexio.

A través desta canle, o COPG comparte regularmente:

  • Información de interese para a colexiación.
  • Formación, actividades e eventos organizados polo Colexio.
  • Recursos, servizos e novidades de utilidade para a profesión.

Este crecemento reafirma a aposta do COPG por ofrecer canles de comunicación cada vez máis próximas, accesibles e eficaces, complementando a presenza do Colexio nas distintas redes sociais e contribuíndo a manter informada á comunidade profesional de forma rápida e directa.

Queremos agradecer sinceramente a todas as persoas que xa forman parte desta comunidade e contribuíron a facer posible este fito.

Se aínda non formas parte da nosa canle de WhatsApp, podes unirte aquí e manterte ao día de toda a actualidade do Colexio: https://whatsapp.com/channel/0029VaCnLra5Ui2cyWU5qP2l