Seccións

«A abordaxe desde o paradigma da neurodiversidade obríganos a ir máis alá do que dictan os manuais de criterios clínicos»
Daniel Millán

Os días 17 e 18 de marzo, Daniel Millán López impartirá o Curso «Autismo, ante o reto da neurodiverxencia», organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Licenciado en Psicoloxía e Saúde pola Universidade Complutense de Madrid, leva máis de 15 anos dedicándose ao traballo con persoas con autismo de todas as idades e actualmente traballa facendo terapia e diagnósticos para persoas de todo o mundo e é autor do libro «Guía Autista-Consejos para sobrevivir en el loco mundo de los neurotípicos».

– En que consiste a sesión formativa que vai impartir?

O curso a realizar é unha actualización sobre a etiqueta diagnóstica do autismo.

– Que vai a contribuír aos psicólogos e psicólogas no seu exercicio profesional?  

O campo da neurodiverxencia é un concepto en pleno auxe e que inclúe ao autismo como un dos eixes centrais. Estase establecendo un campo na concepción do mesmo máis alá da etiqueta clínica e diagnóstica.

– Desde a súa traxectoria profesional, en que situación se atopa este ámbito de actuación da Psicoloxía?

Estase establecendo un cambio de paradigma e no diagnóstico clínico cada vez se está poñendo en evidencia a necesidade de realizar procesos diferenciais máis rigorosos.

– Por que recomendaría continuar formándose nesta materia?

A abordaxe desde o paradigma da neurodiversidade obríganos a ir máis alá do que ditan os manuais de criterios clínicos e abordar procesos psicolóxicos que non teñen porque ser patolóxicos.

Cales son os principais retos e oportunidades para continuar mellorando?

É importante realizar traballos de campo, escoitar en primeiro lugar á comunidade autista e despois aos seus familiares. As oportunidades de aprendizaxe son inmensas e é necesario realizar ese achegamento, saír do ámbito da clínica para estar á altura das circunstancias.

 

Spread the love
Daniel Millán
Daniel Millán