Este martes 10 de decembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) celebrou a décimo sexta edición dos Premios “Rosa de Cen Follas”, recoñecendo o talento literario nas modalidades de narrativa e poesía. O acto tivo lugar no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, tras a benvida aos novos colexiados e a celebración da Asemblea Xeral.
Na categoría de narrativa, o galardón principal foi para Marisa Vidal Collazo polo seu texto titulado “Pequena achega”. Ademais, o xurado concedeu unha mención especial ao relato “Merece a pena vivir morrendo?”, de Leticia Río López (G-06321).
En poesía, a premiada foi Irene Quinteiro Blanco pola obra “Esférica”. A mención especial nesta categoría recaeu en Noela Vázquez Ledo polo poema “Tal como as nubes que impele o vento”.
O xurado, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada; a coordinadora da Comisión de Cultura, Concepción Fernández Fernández; Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da mesma Comisión; a poeta Iolanda Aldrei; e o xornalista Xoel Gómez, destacou a calidade das obras presentadas nesta edición.
Os Premios “Rosa de Cen Follas” continúan a consolidarse como un referente cultural en Galicia, promovendo a creatividade e a reflexión desde a psicología e a literatura.