Destacado

Día Mundial da Saúde Mental: Mesas de debate
A Semana da Saúde Mental culmina mañá en Santiago co acto central do Día Mundial da Saúde Mental

A Semana da Saúde Mental chega á súa recta final tras desenvolver encontros en distintas localidades galegas arredor do tema «Traballo e Saúde Mental».

A iniciativa, organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia en colaboración co Movemento Galego da Saúde Mental, a Asociación de Psicoloxía Clínica de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, reuniu a profesionais da Psicoloxía e representantes sindicais para abordar esta realidade desde diferentes perspectivas.

Ribeira

 

Coruña

A programación comezou o 5 de outubro con mesas de debate na Aula da Casa da Xuventude de Ribeira, coa participación da vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo, e no Circo de Artesáns da Coruña, coa participación de Javier Sardiña Agra, vicepresidente da Asociación de Psicoloxía Clínica do SERGAS, anteriormente presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, e vogal na División de Psicoloxía clínica do Consejo General de la Psicología.

 

 

 

Ferrol

Vigo

O 7 de outubro, os encontros continuaron no Ateneo Ferrolán de Ferrol, con Sara Salas, psicóloga clínica e vogal da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, e na Casa Galega da Culturade Vigo, con Irene Ramos, FEA Psicoloxía Clínica no Hospital Nicolás Peña.

 

 

 

 

Cangas

 

Vilagarcía

Onte, 8 de outubro, celebráronse mesas no salón de plenos do Concello de Cangas, con Saba Fernández, psicóloga clínica; no Auditorio de Vilagarcía, con Eduardo Martínez Lamosa, psicólogo clinico e tesoureiro da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG; e no Museo Manuel Torres de Marín, coa psicóloga Rosa Cerqueiro Landín.

 

 

 

 

Hoxe, venres 9 de outubro, ás 20.00 horas, terá lugar unha nova mesa de debate na Casa Social Forestal As Canteiras de Noalla, en Sanxenxo, coa participación de Jose Berdullas Barreiro, secretario do COPG.

Mañá, acto central en Santiago de Compostela

Día Mundial da Saúde Mental: Mesas de debate

Día Mundial da Saúde Mental: Mesas de debate

 

A programación culminará mañá, sábado 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, co acto central na Praza do Toural, en Santiago de Compostela.

Ás 11.00 horas celebrarase unha mesa de debate coa participación de Miguel Anxo García. A continuación, ás 12.30 horas, terá lugar a lectura do manifesto a cargo do escritor Suso de Toro.

En caso de choiva, os actos trasladaranse ao CSC do Castiñeiriño.

O COPG anima a cidadanía a participar nestes encontros e no acto central, que pechará unha semana de diálogo e reflexión sobre o traballo e a saúde mental baixo o lema «A saúde non é un negocio».