Seccións

O papel das persoas adultas na educación dixital
Mª Begoña Castro Iglesias

Mª Begoña Castro Iglesias, presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG, reflexionou en La Voz de Galicia sobre a relación dos nenos e nenas coas pantallas e a importancia dunha educación dixital baseada no acompañamento, nos límites e no exemplo das persoas adultas.

A partir dun estudo realizado con escolares de entre 6 e 12 anos, que relaciona unha maior exposición ás pantallas con determinadas dificultades de comportamento, Castro advirte de que estes resultados non permiten establecer unha relación directa de causa e efecto. Por iso, sinala que o reto non pasa por demonizar as pantallas nin por normalizar o seu uso sen límites, senón por ensinar a empregalas con criterio.

A psicóloga reivindica tamén a necesidade de preservar espazos fundamentais para o desenvolvemento infantil, como o xogo, a actividade física, a lectura, as relacións cara a cara ou o tempo para imaxinar e crear. Educar na era dixital implica, en definitiva, ensinar tamén cando é necesario apagar as pantallas.

Ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2026/09/12/pantallas-pracer-apagar/0003_202609G12P13992.htm

Mª Begoña Castro Iglesias
Mª Begoña Castro Iglesias