Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión faise eco do RD 239/2026, de 25 de marzo que entra en vigor o 1 de xullo

Un paso adiante na garantía dunha atención sanitaria cualificada, pero insuficiente.

Estes días o Consejo General de la Psicología achegou a información sobre este novo Real Decreto que afecta a profesionais da Psicoloxía colexiadas; titulares e responsables de consultas, centros sanitarios de psicoloxía e centros multidisciplinares con unidades de psicoloxía.

Os centros e servizos sanitarios teñen a obriga de garantir permanentemente que a atención sanitaria sexa realizada por profesionais coa titulación oficial e as competencias e habilidades axeitadas.

Malia este avance normativo, segue a existir unha ampla oferta de servizos que se presentan como intervencións psicolóxicas, terapéuticas ou de saúde mental sen que as persoas que os ofertan dispoñan necesariamente da formación académica, as competencias profesionais ou as habilitacións legalmente requeridas.

Desde a CDP continuaremos a desenvolver iniciativas para combater o intrusismo e informar á cidadanía da importancia de verificar que a atención psicolóxica sexa prestada por profesionais coas garantías necesarias para protexer a súa saúde e benestar.

Noutro orden de cousas, a Comisión quere recoñecer e poñer en valor a gran contribución da compañeira Coqui R. Holguín durante a súa etapa como coordinadora nos últimos anos, e que remata agora, e dar a benvida a Mónica Permuy López como nova integrante.

Ás portas do periodo estival, agradecemos a colexiadas e colexiados o seu compromiso e a súa implicación na defensa da profesión. Desexámosvos un feliz verán e un bo descanso.