Agradecemos a participación das compañeiras e compañeiros que informaron destas prácticas.
Compartimos a información que recabamos desa breve enquisa que puxemos a andar a finais do ano 2025.
Número de respostas: Houbo un total de 42 respostas.
Nome da pseudoterapia: Aparecen gran diversidade de pseudoterpias, que nesta táboa están ordenadas de máis a menos frecuentes:
|
Nome da pseudoterapia |
|
Constelaciones familiares Reiki Terapia (sen especificar) Coaching Carta astral Flores de Bach Psicoterapia Gestalt Terapia transxeneracional Biodescodificación Árbores xenealóxicas Chakras. Enerxías Psicoloxía da Alma Etioterapia Kundalini Breath Work |
Balance que fai a persoa usuaria da súa experiencia coa pseudoterapia
Vai moi parexo, o número de persoas que valoran positivamente a experiencia (12) e as que a valoran de forma negativa (13). No resto dos casos, a resposta habitual é que non saben.
Repetiría a experiencia?
Ante esta pregunta, a resposta está máis polarizada: 25 responden non e 17 responden si.
Observacións feitas polos colexiados e colexiadas que participastes:
Recollemos algunhas das vosas observacións:
- Estas opcións cubren a carencia actual de recursos públicos en saúde mental.
- Abordan intervencións no eido da psicoloxía substituíndo intervencións profesionais validadas e rigorosas.
- Algunhas opcións poden ser beneficiosas, pero non poden substituir a atención psicolóxica profesional.
- Hai unha habitual falta de información concreta sobre a titulación das personas que atenden estas consultas. Cando hai información ao respecto, atopamos profesións variopintas: educadores, traballadores/as sociais, pedagogos/as, numerólogos/as.
- Percíbense praxis inadecuadas totalmente, onde se vulneran os principios fundamentáis que rexen o Código Deontolóxico da Psicoloxía, comprometendo a saúde das persoas usuarias.
Aínda que a mostra é pequena, consideramos que é sinal dunha realidade que hai que atender e seguir a traballar en beneficio da psicoloxía científica e rigorosa. Iso require excluír dos nosos protocolos calquera intervención sen un respaldo empírico.
Se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles para o estudo correspondente. O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.
