Ante as dúbidas xeradas pola Circular do Consejo General de la Psicología, informamos de a tramitación, inscrición e os requisitos para a autorización dos Centros Sanitarios é unha competencia delegada ás Autonomías. A lei estatal marca as bases e os mínimos que deben cumprir as Autonomías.
O Decreto, no artigo 7, no caso de Galicia, salienta a obriga de comunicar inmediatamente a actualización das persoas sanitarias que exercen baixo un número de rexistro sanitario.
Do mesmo xeito, recalca a necesidade de dispor dun expediente persoal actualizado de cada un dos profesionais sanitarios que presten servicios baixo o Número de Rexistro Sanitario do centro. Este cartafol debe conter copia do título universitario e no suposto de Psicoloxía Sanitaria e/ou Clínica, o documento que habilite para o seu exercicio (xustificante do Título de Especialista en Psicoloxía Clínica, habilitación sanitaria outorgada pola Consellería de Sanidade en virtude da Lei 33/2011, de 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública) ou o título do Máster Xeral Sanitario.
Finalmente, salienta a obriga de informar dos protocolos cos que conta o centro (recomendamos que sexa un documento escrito e asinado): seguridade, protección de datos, queixas e reclamacións, actuacións ante situación de risco dos/as doentes…
O Anexo facilitado polo Consejo General de la Psicología é orientativo. Pódese tomar como referencia e cubrir voluntariamente, xa que non é obrigatorio.
