No mes de xuño saíu a edición nº5 da Newsletter elaborada polo equipo de traballo estatal da Área de Intervención Psicológica en Emergencias y Catástrofes do Consejo General de la Psicología de España.
Neste novo número recóllense artigos sobre o campo da psicoloxía de emerxencias elaborados por profesionais referentes no sector. Tamén inclúe unha entrevista a Guillermo Fouce, Doutor en Psicoloxía, presidente da Fundación Psicología sin Fronteras, experto en psicoloxía da intervención social e en psicoloxía de emerxencias e profesor en diferentes universidades.
Dentro do apartado A Fondo dos GIPCE en España, pódese atopar a historia dos grupos de Madrid e de Galicia, nas que se fai un percorrido pola evolución dos grupos e unha exposición do traballo que se realiza desde cada un.
Finalmente nos últimos apartados da Newsletter pódese atopar diferentes documentacións relacionadas co campo das emerxencias que poden ser de interese para os profesionais que traballan nas emerxencias.
Podes consultala premendo na seguinte ligazón: NEWSLETTER NUMERO 5 JUNIO 2026
