Grupos

Xornada técnica: Intervención psicolóxica na vaga de lumes en Ourense

En agosto de 2025 unha gran vaga de lumes asolou varias poboacións de Ourense chegando a calcinar unhas 88.000 hectáreas e provocando numerosas perdas en zona forestal, vivendas, gando… nas semanas seguintes o GIPCE foi activado para atender as necesidades psicolóxicas dos profesionais intervenientes que estiveron nas zonas loitando contra os lumes.

O 23 de maio de 2026 organizouse desde o GIPCE unha xornada técnica para expoñer e revisar estas intervencións. Nesta actividade formativa, celebrada no Museo Etnolóxico de Ribadavia, participaron diferentes gipces que foron activados para o dispositivo de atención psicolóxica a intervenientes nos incendios, expoñendo como se levou a cabo a atención e os resultados e conclusións máis importantes.

Ademais, contouse co testemuño dun bombeiro que participou nas labores de extinción nestes incendios para coñecer de primeira man o traballo que realizan estes profesionais e como lles afecta a nivel físico e psicolóxico.

A xornada rematou cunha visita cultural pola vila de Ribadavia, contemplada dentro das actividades do 30 aniversario do GIPCE, co obxectivo de coñecer e cohesionar aos membros do grupo.

Xornada técnica: Intervención psicolóxica na vaga de lumes en Ourense