Este sábado 23 de maio, coincidindo coa semana de celebración do Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento (21 de maio), o Grupo de Traballo de Interculturalidade do COPG organizou no Concello de Castroverde, en Lugo, a charla «Convivir en diversidade: Como construír vilas inclusivas».
O obradoiro resultou un espazo de encontro e reflexión sobre o impacto emocional dos procesos migratorios, os cambio vitáis asociados e a importancia de comprender a diversidade cultural das nosas vilas como un elemento enriquecedor.




