No Día Internacional da Infancia, desde a Comisión Intersectorial de Infancia e Adolescencia do COPG, queremos reafirmar o noso compromiso coa saúde mental infantil e adolescente.

Cada neno e nena ten dereito a crecer en entornos seguros, afectivos e saudables que favorezan o seu desenvolvemento emocional, social e psicolóxico.

Escoitar, acompañar e coidar emocionalmene a infancia é unha responsabilidade compartida entre familias, institucións, profesións e a comunidade educativa.

Desde a Psicoloxía defendemos a importancia da prevención, a detección temperá e a intervención especializada ante as dificultades emocionais, conductuais ou relacionais que poidan aparecer durante o desenvolvemento.

Promover habilidades emocionais, fomentar vínculos seguros e garantir o acceso a recursos de apoio psicolóxico son accións esenciais para construír unha infancia sa.