O 30 de abril a coordinadora do GIPCE Ana Mª Núñez impartiu o seminario Papel do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias: Protocolos de Actuación e Coordinación cos equipos asistenciais para traballadores da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Este seminario que se realizou en formato híbrido (presencial na sede do 061 en A Estrada e por videoconferencia) abordou o traballo que se realiza no GIPCE antes, durante e despois da emerxencia e aclarou aos asistentes as situacións de emerxencia nas que poden activar un dispositivo de atención psicolóxica a través do 112.