No mes de marzo e abril realizáronse dúas formacións para voluntarios de Protección Civil de Galicia.
A primeira foi o curso Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situación críticas de emerxencia e catástrofe, que se celebrou una Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) en A Estrada, os días 30 e 31 de marzo. Foi impartido por Mª Isabel Rodríguez Prego. Esta formación estaba destinada a persoal que traballa nas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.
A segunda acción formativa foi o módulo Apoio psicolóxico básico en situación críticas de emerxencia, que foi impartido por Julita Touriño Araújo en modalidade en liña os días 20 e 21 de abril. Os asistentes foron voluntarios que se están formando para entrar nas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.