O 28 de maio celébrase o Día Internacional de Acción pola saúde da Muller, este día busca reivindicar o dereito á saúde integral, mental, sexual e reprodutiva das mulleres libre de discriminación.

A data foi establecida en 1987 pola Rede Mundial de Mulleres polos Dereitos Reprodutivos para denunciar as fendas de xénero na sanidade.

Con motivo deste día, desde a Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG queremos lembrar a importancia do autocoidado para a saúde mental. O sentimento de culpa por descansar, vivir na hiperexixencia ou necesitar rendir constantemente son sinais cada vez máis frecuentes no malestar emocional das mulleres.

Descansar, baixar o ritmo e coidarnos non é debilidade: é unha necesidade.