Información Xeral

Nova Edición FOCAD: Edición nº 60 (ABRIL – MAIO 2026)

O FOCAD é unha formación a distancia elaborada polo Consejo General de la Psicología e a cal poden acceder todos os colexiados e colexiadas de maneira gratuíta.

O Consejo General de la Psicología de España ten en marcha un Programa de Formación Continuada a Distancia FOCAD en Psicoloxía coa finalidade de promover a actualización científico-profesional dos psicólogos e psicólogas colexiados e colexiadas en diferentes campos da intervención psicolóxica (Psicoloxía Clínica e da Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, Psicoloxía da Intervención Social, Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte, Psicoloxía Xurídica, Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade etc.).

O programa consiste no estudo, e avaliación dos coñecementos, de diversos materiais educativos elaborados por prestixiosos/as psicólogos/as académicos/as e profesionais. Os/as psicólogos/as que superen dita avaliación obterán o correspondente certificado de 20 horas (2 créditos).

Co obxectivo de que os/as novos/as colexiados/as poidan acceder ás anteriores edicións do FOCAD, van ofrecer progresivamente os cursos das 59 edicións realizadas ao longo destes 18 anos, revisadas e actualizadas. Se xa realizaches a primeira edición destes cursos, e deséxalo, podes realizar tamén a 2ª edición actualizada.

A continuación presentamos a EDICIÓN Nº 60 (ABRIL- MAIO 2026) , cos materiais que che podes descargar e imprimir para o seu estudo, a través da páxina web oficial de FOCAD http://www.focad.es/, mediante clave personalizada (número de colexiado e NIF persoal), tal e como se che indica no espazo de axuda.

Desde o 15 de abril e ata o 30 de xuño de 2026 poderás contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superado, recibir a correspondente certificación.

 

NOVA EDICIÓN FOCAD

  • SECTAS COERCITIVAS E ABUSO PSICOLÓXICO: ACTUAIS CARACTERÍSTICAS, AVALIACIÓN, PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN.
  • MAPAS PARA A FORMULACIÓN DE CASOS.
  • CONSECUENCIAS PSICOLÓXICAS DA INFERTILIDADE.
  • O TRAUMA ORIXINADO POLO SUICIDIO NO ENTORNO FAMILIAR, COMUNITARIO E SOCIAL.
  • AGRESORES REINCIDENTES E REVICTIMIZACIÓN EN VIOLENCIA CARA A PARELLA.

 

FOCAD PARA DIVISIÓNS

Como membro da División podes realizar os cursos que a continuación se detallan.

Podes contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superados, recibir a correspondente certificación

 

FOCAD para División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e os Recursos Humanos

  • INTELIxENCIA ARTIFICIAL NO TRABALLO: UNHA MIRADA DESDE A PSICOLOXÍA DAS ORGANIZACIÓNS.
  • A MEDIACIÓN, UNHA FERRAMENTA DE XESTIÓN.

 

FOCAD para División de Educativa

  • PREVENCIÓN DA AUTOLESIÓN E O SUICIDIO EN ENTORNOS EDUCATIVOS. RETOS E DESAFÍOS DO FUTURO NA ERA DIXITAL.
  • FUNCIÓNS EXECUTIVAS: ENFOQUE NEUROPSICOLÓXICO CLÍNICO E EVOLUTIVO.

 

FOCAD para División de Psicoloxía da Actividad Física e do Deporte

  • MANUAL DEPORTIVO PARA PERSOAS CON TRASTORNO MENTAL GRAVE.
  • ESTRATEXIAS DE COACHING EN PSICOLOXÍA DO DEPORTE.

 

FOCAD para División de Psicoloxía Académica

  • PISOCOONCOLOXÍA E PSICOLOXÍA PALIATIVA ANTE OS PROCESOS DE MORTE MEDICAMENTE ASISTIDOS.
  • COMPETENCIAS BÁSICAS EN INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA. NOVO

 

FOCAD para División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade

  • O ROL ACTUAL DO/A PROFESIONAL DA PSICOLOXÍA NO PERMISO POR PUNTOS.
  • A PSICOLOXÍA DO TRÁFICO E A SEGURIDADE NA NOVA MOVILIDADE.

 

FOCAD para División de Psicoloxía xurídica

  • TRAUMA INFORMADO NO ÁMBITO DA XUSTIZA.

 

FOCAD para División de Psicoloxía de Intervención Social

  • O TRABALLO EN EQUIPO INTERDISCIPLINAR NA PSICOLOXÍA DA INTERVENCIÓN SOCIAL.

 

FOCAD para División de Psicoloxía Clínica e da saúde

  • PSICOONCOLOXÍA E PSICOLOXÍA PALIATIVA ANTE OS PROCESOS DE MORTE MÉDICAMENTE ASISTIDOS.
  • O MARCO DE PODER, AMEAZA E SIGNIFICADO. UNHA ALTERNATIVA AOS DIAGNÓSTICOS PSIQUIÁTRICOS ACTUAIS.
  • SAÚDE MENTAL DIXITAL: INNOVACIÓN, REGULACIÓN E PRÁCTICA CLÍNICA NA ERA DA INTELIXENCIA ARTIFICAL.

 

FOCAD para División de Psicoterapia

  • VALORACIÓN DA ESQUIZOFRENIA NEGATIVA: ALGUNHAS APORTACIÓNS Á AVALIACIÓN E O SEU IMPACTO EMOCIONAL.
  • ABORDAXE INTEGRAL DOS TRASTORNOS ALIMENTARIOS. A PERSOA EN RELACIÓN.

 

FOCAD