Información Xeral

O COPG súmase ao Manifesto de Apoio ao Persoal Técnico das Escalas Facultativas de Servizos Sociais da Xunta de Galicia

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acordou apoiar as reivindicacións do persoal técnico das escalas facultativas de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, ante a situación que están a atravesar en relación co actual concurso de traslados e coa súa carreira profesional.

Este colectivo, integrado por profesionais da psicoloxía e do traballo social, desenvolve unha labor fundamental na atención a colectivos vulnerables, acumulando unha ampla formación e experiencia. Porén, levan anos vendo limitado o seu dereito á mobilidade e sufrindo as consecuencias de deficiencias na xestión administrativa, o que repercute tamén na calidade dos servizos públicos prestados.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia súmase ao Manifesto de Apoio ao Persoal Técnico das Escalas Facultativas de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, no que se solicitan medidas urxentes, xustas e eficaces, así como un sistema transparente e equitativo na provisión de postos e a defensa duns servizos públicos dignos.

No seguinte enlace podes asinar o manifesto para amosar o teu apoio a estas reivindicacións:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf9CfXLaLBXvXzcsShRTcgTXSxbi65V0mxKPkD5dfY74GzrrA/viewform

Manifesto de Apoio ao Persoal Técnico das Escalas Facultativas de Servizos Sociais da Xunta de Galicia