A Unión Profesional de Galicia, da que forma parte o COPG, vén de editar a Guía de Peritos Xudiciais, Mediadores e Expertos Independentes de Galicia 2026, unha publicación de referencia que recolle profesionais cualificados nestes ámbitos en toda a comunidade autónoma.
Esta guía constitúe unha ferramenta de utilidade tanto para profesionais como para institucións, ao facilitar o acceso a expertos en diferentes áreas que poden intervir en procesos xudiciais, mediacións ou como asesores independentes.
A guía xa está dispoñible en formato dixital e pode consultarse e descargarse a través da páxina web oficial: