En 2026, mantense o compromiso coa psicoloxía rigorosa e a loita contra o intrusismo.
Ao longo do ano 2025 abríronse 27 expedientes, dos que se concluíron 22 e mantéñense 5 en tramitación. Tamén se pecharon outros 3 que viñan do 2024.
A maioría dos expedientes (16 do total) corresponden a persoas non psicólogas que se anuncian como “terapeutas”, “coachs” ou “psicoterapeutas”. Estes datos reafírmannos na necesidade de ser coidadosos coa nosa publicidade e especificar que somos psicólogos e psicólogas colexiadas.
Por outra banda, valórase moi positivamente que en 10 dos casos obtívose unha resposta positiva ante o requirimento desta CDP. Así mesmo, deuse traslado a Inspección Sanitaria de cinco expedientes.
Noutra orde de cousas, celebramos o comezo da distribución da cartelería da campaña “A túa saúde mental non é un xogo” no pasado mes de decembro, repartida da seguinte maneira:
- 313 concellos
- 600 farmacias da Coruña
- 189 farmacias de Ourense
- 375 repartidos entre as sete áreas sanitarias
Tamén lembramos que se mantén aberta a breve enquisa para coñecer prácticas vencelladas ao intrusismo profesional e á proliferación de pseudociencias no noso entorno. Podes acceder a ela aquí: Enquisa «Detección de prácticas de intrusismo en psicoloxía».
Se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles para o estudo correspondente. O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.
