Información Xeral

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa o seu máis profundo pesar polo tráxico accidente de tren ocorrido en Adamuz (Córdoba)

Todo o noso afecto e apoio ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como a todas as persoas que se viron directa ou indirectamente afectadas por este tráxico accidente.

Facemos extensivo o noso recoñecemento ás e aos profesionais dos servizos de emerxencias pola súa rápida intervención e compromiso.

Desde o COPG estamos á disposición dos compañeiros e compañeiras do Colexio de Psicoloxía de Andalucía Occidental para a colaboración profesional que poidan precisar nestes momentos.

Neste momento de dor colectiva, trasladamos toda a nosa solidariedade e apoio, coa convicción de que o acompañamento, o coidado e a unión son fundamentais para afrontar unha perda tan dura.