Destacado

Dispoñible o vídeo do II Foro «Autoritarismo e Liberdade», coa participación de persoas expertas en psicoloxía, dereito administrativo e xornalismo

Xa está dispoñible o vídeo do II Foro «Autoritarismo e Liberdade», celebrado o pasado mércores 29 de outubro, no que se pretendeu abrir un espazo de reflexión colectiva sobre as tensións políticas e sociais contemporáneas. O acto tivo lugar na Fundación Paideia, situada en A Coruña.

O foro contou coa participación de persoas expertas destacadas:

  • Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico no Hospital Clínico Universitario de Santiago e colexiado de honra do COPG.
  • Alba Nogueira López, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora principal da Rede Armela.
  • Marta Otero Mayán, xornalista de La Opinión A Coruña.

Este debate enmárcase nos actos do 45 aniversario do Colexio de Psicoloxía, co que se pretende abrir unha reflexión sobre os retos da convivencia democrática na sociedade actual. Coa moderación de Xabier Macías, antigo decano do COPG, ofreceuse unha reflexión crítica desde a psicoloxía e outras disciplinas arredor dos valores democráticos, a convivencia, a igualdade e a liberdade como piares fundamentais para a saúde mental e o benestar colectivo.O acto foi inaugurado polo vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo.

🔗 Vídeo completo do Foro: https://youtu.be/EioRPXAaWQg?si=zxdc3rnbdodhizLw